Na idea de manter un servizo que permita «retirar de maneira eficaz e de xeito periódico aqueles animais domésticos, especialmente cans que se atopen vagando polas rúas do Concello, e que sexa feito por persoal cualificado no manexo e coidado dos mesmos, a fin de garantir as condicións de saúde dos animais», según sinala o Alcalde José Tomé, o Concello vén de licitar por 20.328 euros, e por un período de dous anos, o servizo integral de recollida e custodia de animais domésticos abandonados. O prazo para que os interesados presenten as súas ofertas remata o 24 de maio ás 14 horas.•