Hostaleiros do sur lucense reciben 211.000 euros para acondicionar terrazas e facilitar a venda a domicilio

As terrazas foron unha das poucas opcións que a hostalería tivo para facturar durante a pandemia. EC

Un total de 26 establecementos de hostalería das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos benefícianse do programa de axudas para o acondicionamento de terrazas e a compra de elementos de envasado para domicilio posto en marcha pola Vicepresidencia económica e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou que as axudas ascenden a 211.200 euros, nunha convocatoria no que o 80% do orzamento é investido polos hostaleiros, preto de 264.000 euros.

MÁIS ORZAMENTO PARA O PLAN DE RESCATE
Javier Arias destacou “o esforzo de adaptación que están a realizar os hostaleiros para poder exercer a súa actividade de xeito seguro, atendendo ás medidas sanitarias que seguen resultando imprescindibles para frear a pandemia».
Neste sentido, o delegado lembrou que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de ampliar o crédito do segundo Plan de rescate, pasando dos 75 millóns iniciais ata os 96 millóns de euros. Con este incremento dáse resposta ao volume de solicitudes presentadas como consecuencia da crise económica derivada da pandemia do coronavirus.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arranca o programa Actívate da Deputación, cun curso de iniciación aos cogomelos e á prática do barranquismo, entre outras actividades

Seguinte Nova

Achegan as rutas xacobeas aos cativos co novo cómic “Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel»

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: