é Tomé Roca, e o Director de La Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén, presentaron en Monforte a antepenúltima etapa (a nº 19) da edición número 76 de La Vuelta Ciclista a España, que se celebrará o venres 3 de setembro, con saída en Tapia (Asturias) e con chegada final a Monforte de Lemos.
Será a segunda vez que La Vuelta visita Monforte de Lemos, xa que a cidade foi saída de etapa no ano 2016. “Un motivo máis para sentirnos moi orgullosos de que os responsables de La Vuelta fagan de Monforte cidade protagonista nesta importante competición ciclista”, sinalou o mandatario monfortino. O Alcalde detallou os pormenores desta 19 etapa, “unha etapa de media montaña que esperemos chegue a Monforte cargada de emoción, como soe ser nas últimas etapas deste tipo de competicións, e se é posible, que sexa unha etapa decisiva no desenlace de La Vuelta”.
A etapa sairá de Tapia, en Asturias, e contará con 191 quilómetros, dos cales 139 transcorrerán pola provincia de Lugo, “feito que, como Presidente da Diputación de Lugo, tamén supón para min unha gran satisfacción, pois amosará gran parte da nosa provincia antes da chegada a Monforte”, salientou Tomé Roca.
A liña de meta estará situada diante dos Escolapios, á altura da praciña diante do Bar Cristal. Queda pendente de fixar a ubicación do Parque Vuelta, atraccións e stands a cargo dos patrocinadores de La Vuelta Ciclista a España.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
O Club Quixós brillou no Campionato Galego de Slalom Olímpico e Kayak Cross. Noa Díaz, Sara
Necesitaba reforzos o Club Lemos, como resultaba evidente logo do irregular inicio ligueiro. E a fichaxe
Monforte acolleu o pasado domingo 15 de setembro a III Carreira e Andaina “Monforte en Marcha
A SD Sarriana comezou a tempada de Terceira RFEF cunha vitoria destacada ao impoñerse por 0-1
Moi mala sensación deixou á maltreita afección lemista o equipo de Juanlu Bernal despois do partido