La Vuelta Ciclista a España preséntase en Monforte, que será final da 19ª etapa con saída da localidade asturiana de Tapia

O Alcalde, José Tomé, e o Director de La Vuelta, Javier Guillén, durante a presentación en Monforte. Foto MONTERO

é Tomé Roca, e o Director de La Vuelta Ciclista a España, Javier Guillén, presentaron en Monforte a antepenúltima etapa (a nº 19) da edición número 76 de La Vuelta Ciclista a España, que se celebrará o venres 3 de setembro, con saída en Tapia (Asturias) e con chegada final a Monforte de Lemos.
Será a segunda vez que La Vuelta visita Monforte de Lemos, xa que a cidade foi saída de etapa no ano 2016. “Un motivo máis para sentirnos moi orgullosos de que os responsables de La Vuelta fagan de Monforte cidade protagonista nesta importante competición ciclista”, sinalou o mandatario monfortino. O Alcalde detallou os pormenores desta 19 etapa, “unha etapa de media montaña que esperemos chegue a Monforte cargada de emoción, como soe ser nas últimas etapas deste tipo de competicións, e se é posible, que sexa unha etapa decisiva no desenlace de La Vuelta”.
A etapa sairá de Tapia, en Asturias, e contará con 191 quilómetros, dos cales 139 transcorrerán pola provincia de Lugo, “feito que, como Presidente da Diputación de Lugo, tamén supón para min unha gran satisfacción, pois amosará gran parte da nosa provincia antes da chegada a Monforte”, salientou Tomé Roca.
A liña de meta estará situada diante dos Escolapios, á altura da praciña diante do Bar Cristal. Queda pendente de fixar a ubicación do Parque Vuelta, atraccións e stands a cargo dos patrocinadores de La Vuelta Ciclista a España.•

Perfil da 19ª etapa da Volta Ciclista a España, entre Tapia e Monforte. (LA VUELTA).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ALUMNA DO IES A PINGUELA MARTA LORENZO, GAÑADORA DA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO «CARTA A UN MILITAR ESPAÑOL»

Seguinte Nova

Mentres o Club Lemos desínflase nas últimas xornadas, a SD Sarriana consolídase como líder

Últimas noticias sobre DEPORTES

     
A %d blogueros les gusta esto: