LITERATURA, MÚSICA E DIXITALIZACIÓN PROTAGONIZARON A AXENDA DO ATENEO CASINO

Imaxe da presentación de «Pangalaica» de Xurxo Souto no Casino Ateneo de Monforte. Foto @ateneocasino.

O mes de maio empezou con forza no Ateneo Casino de Monforte. Unha variada axenda de eventos encheron de dinamismo este espazo asociativo, que está a renovar o ámbito sociocultural da cidade do Cabe.
O sábado 8 de maio, tivo lugar o concerto de Alfonso Medela Trío, dentro das propostas de música en directo que o Ateneo Casino propón cada mes. A literatura tivo tamén o seu espazo na primeira quincena de maio, coa presentación, prevista para o sábado 16, do novo libro do escritor coruñés Xurxo Souto, titulado «Pangalaica».
As posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías na empresa foi o tema da actividade celebrada o martes 11 de maio. A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) organizou no Ateneo Casino un obradoiro de dixitalización, orientado a empresarios e emprendedores, no que tamén participaron persoas interesadas en coñecer aspectos como o marketing dixital, o manexo de datos ou as ferramentas para xestionar unha empresa. A sesión estivo a cargo de Leticia Prada, da Escuela de Emprendedores, coa participación da empresa Computer 3, especializada en transformación dixital.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O ESPAZO XOVE DE CHANTADA ENCHEUSE DE COR E DINAMISMO PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Seguinte Nova

A ACTRIZ GALEGA NUNCY VALCÁRCEL DEU UNHA CHARLA AOS ALUMNOS DO CICLO DE TURISMO DO IES RIO CABE

Últimas noticias sobre AXENDA

Ir aInicio

Don't Miss