Máis dunha vintena de traballos presentados ao concurso de reciclaxe creativa da Asociación de Veciños de Tuiriz

Darlle unha segunda vida a materiais de refugallo e poñer unha nota de creatividade nos espazos domésticos foron os obxectivos da exitosa iniciativa que puxeron en marcha os membros da Asociación de Veciños de Tuiriz. A finais do mes pasado, déronse a coñecer os 24 traballos que se presentaron ao concurso de reciclaxe creativa que organizou este colectivo, coa participación de 21 persoas de todas as idades.

DECORACIÓN SOSTIBLE
Os veciños que se sumaron a este concurso, o primeiro destas características que organizan en Tuiriz, achegaron obxectos de gran creatividade e beleza. Espellos e centros de mesa feitos con culleres, pérgolas decoradas con restos de poda, ou bolsos deseñados a partir de pantalóns vaqueiros vellos foron algúns dos proxectos que se puideron ver nesta mostra.
O concurso de reciclaxe creativa deixou «moi contentos» aos membros do colectivo veciñal de Tuiriz, que xa traballan nun «tendal de fotografía» para celebrar o Día das Letras Galegas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A ESTACIÓN DE MONFORTE EN 1964: O PODER DAS GRANDES LOCOMOTORAS 1817 Y 7735

Seguinte Nova

O Concello de Pantón continúa cos investimentos en media ducia de obras

Últimas noticias sobre SOSTIBILIDADE

Ir aInicio

Don't Miss