A Universidade da Coruña recoñece e incentiva o esforzo e dedicación do alumnado procedente de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior mediante os Premios de Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión nos Graos.
Neste curso 2020-21 a galardoada foi María López Martínez, alumna procedente do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Daviña Rey. O premio consistiu nun diploma acreditativo expedido polo reitor da Universidade da Coruña, e unha dotación económica de 565 euros. A convocatoria recolle que a cada centro de ensino de procedencia do alumnado premiado, se lle fará entrega dun diploma acreditativo.
O IES Daviña Rey deu os seus parabéns á súa alumna pola obtención deste Premio de Excelencia.•