MARÍA LÓPEZ, DO IES DAVIÑA REY, OBTÉN O PREMIO DE EXCELENCIA DA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN

María López Martínez amosa o diploma acreditativo do premio obtido da Unversidad da Coruña.

A Universidade da Coruña recoñece e incentiva o esforzo e dedicación do alumnado procedente de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior mediante os Premios de Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión nos Graos.
Neste curso 2020-21 a galardoada foi María López Martínez, alumna procedente do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Daviña Rey. O premio consistiu nun diploma acreditativo expedido polo reitor da Universidade da Coruña, e unha dotación económica de 565 euros. A convocatoria recolle que a cada centro de ensino de procedencia do alumnado premiado, se lle fará entrega dun diploma acreditativo.
O IES Daviña Rey deu os seus parabéns á súa alumna pola obtención deste Premio de Excelencia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O TRÁILER DE LIVE IS LIFE, A NOVA PELÍCULA DE DANI DE LA TORRE, RECUPERA O SABOR DO CINEMA DE AVENTURAS XUVENÍS DOS ANOS 80

Seguinte Nova

O IES VAL DO ASMA DE CHANTADA MOBILÍZASE CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: