Monforte renovará a totalidade do alumeado, tanto na zona urbana como rural

O Concello licitou por 3.216.160,65 euros os dous proxectos de mellora deste servizo

Presentación do proxecto de renovación do alumeado de Monforte. Foto Arquivo.

O Alcalde de Monforte, José Tomé, destacou que “este é o maior contrato que se fixo nunca no Concello monfortino en materia de iluminación, e gracias a el Monforte rematará este mandato sendo o Concello mellor iluminado, tanto na zona urbana como nas parroquias”. Unha vez rematado, este proxecto suporá que Monforte sexa o primeiro concello en renovar todo o seu alumeado público con tecnoloxía LED, tanto no eido urbano coma no rural.

PRETO DE 6.000 NOVAS LUMINARIAS
A inversión total prevista é de 3.216.160,65 euros, e traerá consigo a renovación de 5.749 luminarias e 195 cadros eléctricos. Na zona rural, o orzamento base de licitación é de 1.728.959,93 euros, e na urbana ascende a 1.487.200,72 euros.

COFINANCIACIÓN
O proxecto está financiado nun 80% polo Ministerio de Transición Ecolóxica, e o 20% restante polo Concello de Monorte. Con todo, o alcalde considera que se trata «dun investimento que amortizaremos en menos de tres anos».
Dende o Goberno municipal estiman que os traballos estarán contratados nun prazo dun ano, e rematados antes de marzo de 2023. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober suma unha nova veciña centenaria

Seguinte Nova

Licitada a asistencia técnica para a mellora do saneamento de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

     
A %d blogueros les gusta esto: