
Na reunión da Comisión de Asuntos do Pleno do Concello de Quiroga aprobouse a renuncia do alcalde, Julio Álvarez, á retribución pola súa dedicación exclusiva. A citada remuneración ascende a 42.000 euros brutos anuais. O equipo de Goberno propuxo que esa cantidade se reparta entre todos os concelleiros, incluídos os da oposición. O reparto sería de 300 euros brutos por asistencia a cada unha das comisións ou sesións plenarias, limitados a dúas asistencias ao mes, agás no caso do rexedor local, que percibiría asistencia por acudir ás comisións e aos Plenos que se celebren.
O popular Julio Álvarez, que leva máis de 30 anos no cargo de alcalde de Quiroga, mantivo o seu traballo como ATS, polo que non recibiu dedicación exclusiva agás nos últimos anos, cando tras un accidente sufrido non puido exercer a súa profesión habitual. •