O FanCine de Lemos volverá con forza en xullo

Imaxe de arquivo dun dos eventos do FanCine de Lemos en edicións anteriores. Arquivo EC

O Festival de Cine Fantástico de Monforte está a recuperar a súa andaina logo do parón pola crise sanitaria. O conxunto de eventos culturais que se presentan baixo a denominación FanCine de Lemos retornará ás rúas monfortinas do 21 ao 25 de xullo. A sétima edición, que tivera que suspenderse o pasado verán polas restricións sanitarias, retoma o seu tradicional concurso de curtametraxes, para o que xa está aberto o prazo. As novas pezas poden enviarse ata o 31 de maio a través do enlace https://festhome.com/f/679. Ademais, o cartel deste ano sairá dun concurso convocado pola organización. O gañador percibirá ademais un premio de 300 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Non puido ser: Remata a fase de ascenso a LEB Prata para o Ucoga Seguros C.B. Chantada

Seguinte Nova

A Xunta ensaiará a reapertura do ocio nocturno, cun 50% de ocupación dos locais, controis de acceso e rexistro de clientes

Ir aInicio

Don't Miss