
Con motivo da conmemoración, o pasado 2 de maio, do Día Internacional contra o Acoso Escolar, o IES Val de Asma implicouse en traballar a favor do respecto e a convivencia, con profesores e alumnos implicados, manifestando o seu rexeitamento a todo tipo de acoso. Para iso, elaboraron diversas actividades, desde a realización de murais en diversos lugares do centro, como a elaboración dun vídeo no que os participantes deixan clara a súa postura fronte a unha realidade que desgraciadamente ten unha gran presenza na nosa sociedade.•