O posto de peixería achegará un novo concepto gastronómico á Praza de Abastos de Monforte

A empresa Da Lonxa ao Prato, con sede en Santa Uxía de Ribeira, abriu a comezos de maio o seu posto na Praza de Abastos de Monforte. GPCM

O Alcalde de Monforte anunciou, a comezos deste mes, a apertura do novo posto de peixería da Praza de Abastos, a cargo da firma Da Lonxa ao Prato S.L., con sede en Santa Uxía de Ribeira. Esta empresa familiar, pertencente ao grupo Pescados Paco S.L., é a peixería oficial da Cofradía de Pescadores da Pobra do Caramiñal, coa que teñen un convenio de colaboración para a explotación directa dos seus produtos. Para desenvolver esta función, a empresa conta con varias instalacións entre as que se atopan peixerías, unha depuradora e cetárea propias.
Segundo trasladaron fontes municipais, a empresa instálase en Monforte coa idea de colaborar na dinamización da Praza de Abastos cun novo concepto moderno de peixería, no que se artellarán talleres de cociña para nenos e adultos, xornadas gastronómicas, reparto a domicilio, e propostas de visitas as lonxas ou turismo mariñeiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP alerta da falta de limpeza dos regatos urbanos de Monforte

Seguinte Nova

Avanzan a bo ritmo as obras de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

A %d blogueros les gusta esto: