O TRÁILER DE LIVE IS LIFE, A NOVA PELÍCULA DE DANI DE LA TORRE, RECUPERA O SABOR DO CINEMA DE AVENTURAS XUVENÍS DOS ANOS 80

Imaxe do director monfortino Dani de la Torre, cos protagonistas de Live is Life, durante a rodaxe da película na Ribeira Sacra. (Foto: Warner Bros).

Xa está dispoñible na rede o tráiler oficial da nova película do director monfortino Dani de la Torre. «Live is Life», é o seu título. Un traballo que se gravou durante o pasado ano en diversas localizacións da Ribeira Sacra, como Monforte, Pantón, O Saviñao, Quiroga ou Esgos, protagonizado por cinco mozos que debutan por primeira vez na gran pantalla: Adrián Baena, Juan Manuel do Pozo e Raúl do Pozo, David Rodríguez e Javier Casellas.
O guión é de Albert Espinosa, e cóntanos unha historia que transcorre no verán de 1985, cando como cada ano Rodri deixa Cataluña e volve ao pobo galego dos seus pais para reencontrarse coa súa cuadrilla. Con todo, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real empezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que lles une, os cinco amigos planean escapar na noite de San Xoán en busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer que os desexos se fagan realidade. Sobre esta base, Dani de la Torre achéganos ao cinema de aventuras xuvenís máis ochenteiro, aos «Goonies», a Spielberg, a Zemeckis, ou á máis recente «Super 8», de JJ Abrams, pero tamén supón unha homenaxe á súa terra e aos recordos adolescentes dunha xeración que tamén soñou aventuras a lombos das súas bicicletas Torrot, BH ou Mobylette.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A ACTRIZ GALEGA NUNCY VALCÁRCEL DEU UNHA CHARLA AOS ALUMNOS DO CICLO DE TURISMO DO IES RIO CABE

Seguinte Nova

MARÍA LÓPEZ, DO IES DAVIÑA REY, OBTÉN O PREMIO DE EXCELENCIA DA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: