Reactívase o programa Elixe Galicia da Xunta para dinamizar o sector turístico

A iniciativa mobilizará ata fin de ano preto de 3 millóns de euros neste sector, un dos máis afectados pola crise sanitaria

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o programa Elixe Galicia para impulsar o turismo interno. GPXG

A partir do 30 de maio está previsto que arranquen de novo as viaxes do programa Elixe Galicia, segundo anunciou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. A mediados de maio, xa están cubertas o 18% das 10.000 prazas que se están comercializando a través de axencias de viaxes. Castro destacou que o prazo para solicitalas segue aberto, e que esta iniciativa traducirase nunha inxección ao sector turístico de preto de 3 millóns de euros neste ano. A achega da Xunta financia o 40% do custo das prazas, ata un investimento de 1,3 millóns de euros, mentres que os consumidores asumirán o 60% do importe dos paquetes turísticos.
Dirixido a xente nova menor de 30 anos, ás familias con fillos menores de idade e a pensionistas maiores de 55 anos, esta segunda convocatoria do programa Elixe Galicia desenvolverase ata o 15 de novembro, excepto no período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro, pontes e festivos, datas nas que non estarán en funcionamento estas viaxes, xa que o obxectivo do programa é seguir fomentando a desestacionalización e o turismo interno.
VIAXES SEGUROS
A directora de Turismo sinalou que as propostas de viaxe cumpren os protocolos e medidas hixiénico-sanitarias, con limitación de aforos, adaptación das visitas e dos grupos á normativa sanitaria, e estrito cumprimento dunha serie de medidas que garanten a seguridade sanitaria de todos os participantes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo para descargar os bonos desconto da Xunta de Galicia

Seguinte Nova

Arranca o programa Actívate da Deputación, cun curso de iniciación aos cogomelos e á prática do barranquismo, entre outras actividades

Últimas noticias sobre PORTADA

     
A %d blogueros les gusta esto: