
Sober segue a sumar novos veciños centenarios. María Pérez Arias, natural da parroquia de Neiras, cumpriu 100 anos a comezos de maio, e celebrouno cunha pequena festa familiar, rodeada dos seus fillos e netos. Nas sucesivas visitas que recibiu, foi felicitada polo alcalde de Sober, que lle entregou un ramo de flores en nome de todo o Concello.
María Pérez Arias vén de incrementar a lista de persoas centenarias nacidas neste municipio do sur lucense, que xa ten 10 mulleres e tres homes que superan o século de vida.•