151 farmacias lucenses realizarán test PCR de saliva gratuítos

• O convenio entre a Consellería de Sanidade, o Sergas e o Colexio de Farmacéuticos de Lugo inclúe a máis do 80% das oficinas de farmacia na provincia

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, o presidente do Colexio de Farmacéuticos de Lugo, Alejandro Sánchez Pérez-Mel, e o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Ramón Ares, no anuncio do convenio. GPXG

Dende finais deste mes, un total de 151 farmacias de toda a provincia de Lugo realizan de balde test PCR de saliva para a detección de covid-19. Esta medida, que arrancou como proba piloto nunha farmacia de Sarria o 20 de maio, xa funciona dende o día 24 en máis do 80% das farmacias da provincia. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, precisou que aínda está aberto o prazo para que as farmacias que o desexen poidan incorporarse a este programa. A iniciativa é o resultado do convenio asinado entre a Consellería de Sanidade, o Sergas e o Colexio de Farmacéuticos de Lugo.
Arias explicou que o obxectivo deste programa é a detección do covid-19 en pacientes asintomáticos, para proceder á localización e illamento dos seus contactos estreitos, co fin de romper a cadea de expansión do virus. O delegado sinalou que estas probas de saliva están dirixidas á poboación lucense entre 12 e 64 anos, que poderá pedir a proba presentando a súa tarxeta sanitaria e de xeito totalmente gratuíto. As farmacias entregarán aos usuarios un kit para a recollida de mostras, e trala realización da análise no laboratorio de Microbioloxía de Vigo, comunicarán o resultado por SMS. En caso de dar positivo, realizarán unha PCR nasofarínxea. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta ensaiará a reapertura do ocio nocturno, cun 50% de ocupación dos locais, controis de acceso e rexistro de clientes

Seguinte Nova

Aberto o prazo das axudas para a rehabilitación enerxética de edificios

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: