A Xunta de Galicia anima a todos os propietarios particulares ou comunidades de veciños con inmobles de carácter residencial a acollerse á nova liña de axudas para a rehabilitación enerxética de edificios do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que permanecerá aberta ata o 31 de xullo. Cómpre subliñar que desde a convocatoria deste programa, a comezos de xaneiro, estanse a recibir unha media de máis de 100 solicitudes cada mes. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou que aínda que a Xunta leva anos axudando a financiar actuacións de mellora enerxética en edificios, esta é a primeira vez que xestiona o programa PREE, plurianual e cun orzamento de 17 millóns de euros para o 2021-2023, con 5,5 millóns só para este ano .•