Aberto o prazo das axudas para a rehabilitación enerxética de edificios

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha visita a un inmoble que optimizou a súa fachada grazas a unha subvención. GPXG

A Xunta de Galicia anima a todos os propietarios particulares ou comunidades de veciños con inmobles de carácter residencial a acollerse á nova liña de axudas para a rehabilitación enerxética de edificios do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que permanecerá aberta ata o 31 de xullo. Cómpre subliñar que desde a convocatoria deste programa, a comezos de xaneiro, estanse a recibir unha media de máis de 100 solicitudes cada mes. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou que aínda que a Xunta leva anos axudando a financiar actuacións de mellora enerxética en edificios, esta é a primeira vez que xestiona o programa PREE, plurianual e cun orzamento de 17 millóns de euros para o 2021-2023, con 5,5 millóns só para este ano .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

151 farmacias lucenses realizarán test PCR de saliva gratuítos

Seguinte Nova

Presentan «Coñece a túa provincia», o programa de viaxes gratuítas da Deputación de Lugo para os veciños e veciñas

Últimas noticias sobre SOSTIBILIDADE

Únete ao reto

• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante

A %d blogueros les gusta esto: