O deputado de Deportes, Efrén Castro, achegouse ao Pavillón Municipal de Deportes de Lugo para asistir á fase final do Campionato Galego de Voleibol na categoría cadete feminina, na que participaron CV Emevé e Korbis tras clasificárense como segundas e cuartas da liga regular. Tras perder co CV Pontevedra, o CD Korbis derrotou ao Calasancias, obtendo a medalla de bronce. Mentres, o masculino cadete disputou en Boiro o campionato galego, acadando o cuarto lugar. Éxito nunha tempada que aínda promete máis, xa que o xuvenil feminino xogará a fase de ascenso a 1ª Autonómica. •
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana
O domingo ás 18 horas, A Pinguela acollerá un partido clave para o futuro dos lemistas,
O pasado mes de marzo deu comezo oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais