GOLF: Trece anos despois, José Ángel Pérez Reñones gaña de novo o Campionato de España Masculino de Pitch & Putt

José Ángel Pérez Reñones, posando co trofeo que o acredita como novo campión de España Masculino de Pitch & Putt. FEG.

No Campionato de España Masculino de Pitch & Putt 2021, disputado no campo de Paderne Golf de Betanzos, a pesar das dificultades climatolóxicas creadas pola choiva persistente, venceu o monfortino e alma mater do golf local, José Ángel Pérez Reñones, gañador da edición de 2008 e un dos grandes nomes do Pitch & Putt español. O do Club de Golf Río Cabe, con 53 e 49 golpes na xornada inicial, asinou o domingo a mellor volta do torneo, un 47 que o levou ao máis alto da clasificación, dando toda unha lección de golf. Así, con 149 golpes ao total, -13, avantaxou en oito a outro galego, Antonio Outeiriño, e ao vallisoletano José María Ortiz de Pinedo, terceiro clasificado con -4 ao total.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

CELTIC RIDERS: ROXEN OS MOTORES NO INCIO

Seguinte Nova

TAEKWONDO: Galicia, con varios representantes do Neka, Campioa de España en técnica e freestyle

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss