
O Espazo Xove de Chantada acolleu, durante a xornada do 21 de maio, diversas actividades do programa Primavera Xove, que organizou a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
A xornada ofreceu unha conferencia interactiva musical sobre o contexto histórico dos xéneros hip-hop e rap, cunha demostración prática á que asistiu alumnado dos institutos de Chantada. A charla sobre grafiti, impartida polo soberino Marcos Fernández Cea, completouse cunha sesión prática pola tarde. •