Hotusa convocou a VII edición do Foro Hotusa Explora nun momento crucial para o turismo

•Contou, entre outros, coa participación do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo

Imaxe do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e do alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, durante a súa participación no Foro Hotusa Explora. GPXG

Como nas anteriores convocatorias, o encontro reuniu a voces autorizadas dos sectores turístico e empresarial para debater e analizar os retos de futuro aos que se enfronta o turismo. Ademais do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o foro do empresariado turísticos contou con destacados participantes, como Maurici Lucena Betriu, CEO de AENA; Carlos Muñoz, CEO de Volotea; Simón Pedro Barceló, copresidente do Grupo Barceló; Carmen Riu, conselleira delegada de RIU Hotels & Resorts; e Juan Pedro Moreno, expresidente de Accenture España.
Núñez Feijóo sinalou a necesidade de contar a nivel nacional cun Plan director para a recuperación do turismo. O mandatario galego citou as iniciativas que se están a levar a cabo na Comunidade, entre as que destacou os test que se realizan aos visitantes que chegan aos aeroportos galegos, o rexistro de viaxeiros e a activación dun bono turístico dirixido á poboación galega co fin de impulsar a reactivación do sector.
Nada en 1977, a empresa do chantadino Amancio López Seijas é unha dinámica organización con máis de 5.500 empregados e unha facturación que supera os 1.200 millóns de Euros. A organización Eurostars Hotel Company, o primeiro consorcio hostaleiro do mundo, está integrado porHotusa Hotels, con 2.700 hoteis asociados, o representante hostaleiro Keytel, con máis de 1.300 establecementos adheridos, e a central de reservas Restel. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

TAEKWONDO: Galicia, con varios representantes do Neka, Campioa de España en técnica e freestyle

Seguinte Nova

A experiencia do Museo do Pazo de Tor, modelo para o futuro de Meirás

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss