O Incio ofrecerá o concerto «Mozart á galega»

O sábado 5 de xuño, a partir das oito da tarde, a igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio acollerá o concerto «Mozart á galega», a cargo de Atlantic Mozart Flute Quartets e destinado a todos os públicos.
O espectáculo musical, organizado polo Concello de O Incio, consistirá nun recital da integral dos cuartetos para frauta e trío de cordas de W.A.Mozart con temas tradicionais galegos.
Xusto antes do recital, terá lugar no mesmo espazo a gravación dun disco que publicará Edicións Xerais de Galicia dentro dun libro escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de Mozart a Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sinatura de libros na rúa para celebrar as Letras Galegas

Seguinte Nova

EFRÉN CASTRO ACOMPAÑOU A EMEVÉ E KORBIS NA FASE FINAL DO CAMPIONATO GALEGO CADETE FEMININO

Últimas noticias sobre AXENDA

Ir aInicio

Don't Miss