O PP criticou que, dos 106.000 euros que a Deputación dedica ao programa «Coñece a túa Provincia», 18.000 son para regalos institucionais

O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, considera «unha auténtica tomadura de pelo» os 18.000 euros adicados a regalos institucionais do programa «Coñece a túa Provincia». GP-PP

Según o portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, o goberno da Deputación «está empeñado en usar os cartos deste organismo máis para a súa promoción política que para impulsar a economía da provincia». O voceiro popular recoñeceu que «as medidas que está aplicando teñen aspectos positivos, pero son moi escasas en canto a dotación orzamentaria e non inclúen as moi necesarias axudas directas ao tecido produtivo». Javier Castiñeira puxo como exemplo o programa «Coñece a túa Provincia», dotado con 106.000 euros, «dos que 18.000 euros son, literalmente, para regalos institucionais». «Por iso, o PP non pode estar satisfeito con este inexistente ou engordado Plan Impulsa», salientou, xa que «vemos que para a economía da provincia se usan moi poucos cartos e moita propaganda, pero en cambio para outras cousas como as axudas a un sindicato, en concreto, a UGT, con 20.000 euros, se fai con moi pouca propaganda, pola porta de atrás». Castiñeira resumiu «as desproporcións que ten este goberno: moita política, moita propaganda e inxustiza á hora de repartir os recursos públicos.» •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentan «Coñece a túa provincia», o programa de viaxes gratuítas da Deputación de Lugo para os veciños e veciñas

Seguinte Nova

Un paseo pola historia da Denominación de Orixe Ribeira Sacra no Ateneo Casino

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: