Un paseo pola historia da Denominación de Orixe Ribeira Sacra no Ateneo Casino

No centro da imaxe, José Mouriño Cuba, autor do libro «Ribeira Sacra. Origen y evolución de la Denominación de Calidad», que se presentou no Ateneo Casino de Monforte o pasado 21 de maio. (Foto: MONTERO)

O Ateneo Casino de Monforte acolleu este mes a presentación do libro «Ribeira Sacra. Origen y evolución de la Denominación de Calidad», escrito por José Mouriño Cuba e editado por Belagua Ediciones, coa colaboración de Caixa Rural Galega e os GDR Ribeira Sacra- Courel, Miño-Ulla, Comarca de Ourense e Sil-Bibei-Navea.
RELATO EN PRIMEIRA PERSOA DA XÉNESE DA D.O. RIBEIRA SACRA
No seu libro, Mouriño Cuba ofrece un relato en primeira persoa sobre a historia da recuperación do viñedo na Ribeira Sacra. O autor, xubilado do seu posto como xefe do Servizo de Control de Calidade e Industrias de Lugo, foi o responsable do equipo técnico que liderou o proceso que deu lugar á creación, nos anos 90, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
José Mouriño Cuba estivo acompañado no Ateneo Casino pola concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón; o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela; e a directora de Belagua Ediciones, Edurne Baines.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP criticou que, dos 106.000 euros que a Deputación dedica ao programa «Coñece a túa Provincia», 18.000 son para regalos institucionais

Seguinte Nova

Grafiti, hip-hop e rap centraron as actividades do programa Primavera Xove en Chantada

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio