A Nova Ponte de Monforte: estado da cuestión

Imaxe da ponte proxectada por Monsa Urbanismo para o Malecón de Monforte.

Desde o mes de marzo, data na que unha empresa de sondaxes levou a cabo as catas xeolóxicas, non volveramos a ter noticias da marcha da nova ponte proxectada no Malecón de Monforte por Monsa Urbanismo. Recentemente, o Concello tería xa acordada a compra dunha nova vivenda xunto á xa adquirida no seu momento para facilitar as futuras obras. Pola súa banda, Esperta Monforte vai levar a Pleno unha petición para seguir mantendo en bo estado a pasarela peonil actual. Mentras, a plataforma Salvemos o Malecón mantense activa en redes e á expectativa. Moitas son as voces que manifestaron a súa oposición ao que consideran unha decisión incorrecta do rexedor monfortino. Veremos que pasa nas vindeiras semanas. Mentres tanto pode expresar a súa opinión na enquisa que estamos a levar a cabo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG de Monforte apoia ao profesorado do Conservatorio Mestre Ibáñez

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: