Interior Galego Vivo denuncia a falta de transparencia do Consello das Parroquias

A organización veciñal Interior Galego Vivo, do que forman parte Esperta Monforte, Unidade Popular de Chantada, Agroma Sober, C@urel Vivo, Asociación Veciñal do Saviñao ou a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tuiriz, vén de denunciar a través dun escrito dirixido ao presidente do Consorcio da Ribeira Sacra o que consideran «unha falta de transparencia no seu funcionamiento», en concreto do Consello das Parroquias da Ribeira Sacra. A organización propón un «reinicio da súa composición», implicando a todas as comunidades parroquiais do ámbito BIC e á sociedade civil, con asociacións veciñais e culturais, sindicatos, e agrupacións de empresarios e comerciantes, entre outros. Así mesmo, sinalan que O Consello de Parroquias carece dunha regulamentación publicada no Diario Oficial de Galicia, pois o único organismo oficial para a participación cidadá na candidatura da Ribeira Sacra é a Comisión Interdepartamental «que tampouco fomentou a participación do tecido asociativo». Por iso, reclaman unha regulamentación «transparente, democrática e participativa», «esencial para o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG pediu á Corporación provincial un “pronunciamento rotundo” contra as peaxes nas autovías estatais

Seguinte Nova

O Programa de Verán de Monforte oferta o maior número de días de actividade e de prazas dos últimos anos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: