O BNG de Monforte apoia ao profesorado do Conservatorio Mestre Ibáñez

Segue en pleno apoxeo o conflito laboral desencadeado no Conservatorio monfortino, coa súa correspondente repercusión na política local. Agora é o BNG o que, logo dunha xuntanza mantida polo seu voceiro, Emilio Sánchez, cos profesores expedientados polo Goberno municipal, avoga pola retirada dos expedientes sancionadores impulsados dende o Consistorio. Sánchez entende que o Goberno socialista está “completamente equivocado, tanto nas formas como no fondo”, no seu proceder ante este problema, “xa que estes profesionais non actuaron neglixentemente no tocante ao seu horario laboral”. O voceiro nacionalista afirmou que “os días libres orixe do conflito eran un acordo ao que chegaron no seu día os profesores e o Concello e que, até agora, non fora revocado”. Emilio Sánchez lembrou que “o Concello de Monforte carece de regulamento orgánico respecto do Conservatorio”.
“ALGO PROPIO DOUTROS TEMPOS”
Dende o BNG non se entende “a razón pola que un dos profesores do Conservatorio ten que declarar ante o secretario municipal, algo inaudito e propio doutros tempos”. Os nacionalistas monfortinos lembraron que o mestre “viuse na obriga de utilizar medios propios nas súas clases telemáticas, ao carecer as instalacións municipais de medios propios de calidade para atender ao servizo”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O xeodestino Ribeira Sacra, recoñecido co distintivo SICTED polo seu compromiso coa calidade turística a nivel nacional

Seguinte Nova

A Nova Ponte de Monforte: estado da cuestión

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: