O BNG pediu á Corporación provincial un “pronunciamento rotundo” contra as peaxes nas autovías estatais

O deputado nacionalista Efrén Castro, e a vicepresidenta da Deputación, a tamén nacionalista Maite Ferreiro, na rotonda de Nadela en Lugo. GP-BNG.

O BNG pediu á Corporación provincial un «pronunciamento rotundo» contra a intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal. O BNG considera que se trata dun “repagamento” que “limita o acceso a uns servizos básicos como son as infraestruturas”, e “supón un atranco para a cohesión social e o desenvolvemento económico de Galiza, ademais de incrementar a inseguridade viaria”. O voceiro provincial do BNG, Efrén Castro, sinalou que “o pago de peaxes que pretende impoñer o Goberno español é unha medida antisocial, que prexudica ás persoas traballadoras e que suporá tamén un sobrecusto para as actividades produtivas que dependan do transporte de mercadorías”. Desde o BNG insisten en que, no caso da provincia de Lugo, o argumento de fomentar o transporte público «é unha burla á veciñanza», que non dispón de ningunha alternativa digna ao transporte por estrada xa que, lembran, “as conexións ferroviarias de media distancia están desmanteladas, e as de alta velocidade na lista de promesas incumpridas dos Gobernos do Estado con Galicia”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

INICIATIVAS: O novelista Manuel Vilas impartirá un Taller de Verán en xullo

Seguinte Nova

Interior Galego Vivo denuncia a falta de transparencia do Consello das Parroquias

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: