O polígono do Reboredo conta cun novo vídeo elaborado por Suelo Empresarial del Atlántico

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu de mans da Xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo Doce, o vídeo promocional que esta entidade elaborou, en colaboración co Concello monfortino, para promocionar o polígono industrial de O Reboredo.
O vídeo será difundido nas webs e nas redes sociais de ambas entidades, nos distintos foros económicos nos que estea presente tanto o SEA como o propio Concello, e tamén entre o ámbito empresarial, galego e estatal.
“O obxectivo desta acción promocional”, destacou o Alcalde, “é dar a coñecer o enorme potencial do noso polígono empresarial e da área de Monforte, pola súa boa ubicación estratéxica”.
O VIDEO ESTARÁ DISPONIBLE NA CANLE DE YOUTUBE DO CONCELLO
O vídeo describe as posibilidades en canto a infraestruturas e servizos cos que conta o polígono monfortino, e a sua situación estratéxica, por atoparse a 1,5 quilómetros da N-120 e tamén da futura autovía A-76. Ademais, a peza audiovisual tamén recolle imaxes da Ribeira Sacra e da cidade de Monforte. O audiovisual xa se pode consultar na canle de Youtube do Concello a través do seguinte enlace: https://www.youtube.com/atch?v=rwCR4oSYcbs&t=15s.

O POLÍGONO, MÁIS ATRACTIVO NOS ÚLTIMOS ANOS
O polígono industrial do Reboredo naceu no ano 1984 promovido e xestionado por SIGALSA (Suelo Empresarial de Galicia), hoxe Suelo Empresarial do Atlántico (SEA). O espazo conta cunha superficie total de 365.000 metros cadrados, sendo aproveitables directamente para parcelas como superficie útil un total de 275.235. Actualmente, está distribuído en 61 parcelas de 1.000 a 15.000 metros cadrados de superficie.
En canto ás condicións de edificabilidade, o polígono ten unha ocupación máxima do 75%, con retranqueos de 3 metros ao fondo e aos laterais, e 7 á fronte. Ademais, permítese como máximo unha altura de 12 metros.
A dinámica de venda de parcelas neste polígono nos últimos tres anos foi moi destacada, o que permitiu que só queden oito parcelas dispoñibles. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Programa de Verán de Monforte oferta o maior número de días de actividade e de prazas dos últimos anos

Seguinte Nova

A Deputación presentou en Fitur a campaña «Lugo, la provincia es tu Camino», que aposta polo turismo experiencial e non masificado

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss