O Programa de Verán de Monforte oferta o maior número de días de actividade e de prazas dos últimos anos

O Alcalde, José Tomé, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o técnico de deportes, Óscar Rodríguez, na presentación do Programa de Verán. GPCM.

Os Campamentos de Verán do Concello de Monforte desenvolveranse do 1 de xullo ao 13 de agosto. Serán tres quincenas, cun total de 32 días de actividade, o que supón un incremento do 30% na duración do Programa Deportivo de Verán.
A distribución das tres quendas será a seguinte: a primeira, do 1 ó 15 de xullo, a segunda do 16 ó 30 de xullo e a última do 2 ó 13 de agosto, sempre de luns a venres, agás festivos, de 10 a 14 horas.
“Esta distribución en tres quendas está motivada polas lóxicas limitacións que nos impón a actual situación derivada do coronavirus”, explicou o alcalde, José Tomé. Polo mesmo motivo, as actividades terán lugar en tres instalacións deportivas durante todo o campamento, asignando a cada un dos grupos unha dela de xeito permanente. O Programa Deportivo de Verán desenvolverase no polideportivo municipal de A Pinguela, e nos pavillóns do IES A Pinguela e dos Escolapios, a cuxos responsables o Concello agradece a súa disposición e colaboración para facer posible a boa marcha destas actividades.
En total, o número de prazas que se ofertan para o Campamento Deportivo de Verán será de 288, 96 por quincena. O prazo para realizar a preinscripción está aberto ata o 31 de maio. •

Volve o XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – Real Club Celta de Vigo

O Programa de Verán deste ano inclúe o Campamento de Verán, o XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – Real Club Celta de Vigo, e os cursos de natación na Piscina municipal. O Campus de Fútbol Cidade de Monforte- Real Club Celta dde Vigo celebrarase entre os días 2 e 6 de agosto, con 72 prazas.
Os cursos de natación, dirixidos a nenos e adultos, terán lugar en xullo, agosto e setembro, cunha duración mensual. Os campamentos combinarán accións multideportivas con obradoiros e excursións diversas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Interior Galego Vivo denuncia a falta de transparencia do Consello das Parroquias

Seguinte Nova

O polígono do Reboredo conta cun novo vídeo elaborado por Suelo Empresarial del Atlántico

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: