O xeodestino Ribeira Sacra, recoñecido co distintivo SICTED polo seu compromiso coa calidade turística a nivel nacional

A xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara, recolleu o distintivo SICTED de mans do Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, e do Presidente da Comisión de Turismo da Federación Española de Municipios e Provincias, Alfonso Rodríguez. A entrega tivo lugar no Centro de Convencións do IFEMA, o pasado 20 de maio, no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR 2021. CTRS

A recente edición de Fitur supuxo un novo recoñecemento para o traballo que está a desenvolver o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Este xeodestino recibiu o distintivo SICTED como novo destino destacado comprometido coa calidade turística no ámbito nacional. Na entrega, o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, amosou o seu interese en coñecer a Ribeira Sacra, sendo consciente do traballo que se está a realizar neste xeodestino no eido da calidade. Valdés tamén destacou o recentemente iniciado Plan de Sustentabilidade Turística, como reforzo deste territorio. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feijóo defendeu na Feira Fitur o protagonismo de Galicia no Xacobeo 21-22 como destino seguro e de calidade

Seguinte Nova

O BNG de Monforte apoia ao profesorado do Conservatorio Mestre Ibáñez

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: