A recente edición de Fitur supuxo un novo recoñecemento para o traballo que está a desenvolver o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Este xeodestino recibiu o distintivo SICTED como novo destino destacado comprometido coa calidade turística no ámbito nacional. Na entrega, o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, amosou o seu interese en coñecer a Ribeira Sacra, sendo consciente do traballo que se está a realizar neste xeodestino no eido da calidade. Valdés tamén destacou o recentemente iniciado Plan de Sustentabilidade Turística, como reforzo deste territorio. •
Últimas noticias sobre PORTADA
O Consello do Patrimonio Histórico Español decidiu, por unanimidade, que o Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra
A Xunta destina 155 millóns de euros para o Bono Coidado no Fogar e o complemento
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
Un ano máis, a multitude de actividades programadas, que con pequenos axustes pola ameaza de choiva