SACRA FESTIVAL E SACRA EXPERIENCE: Unha atractiva oferta multidisciplinar única no corazón da Ribeira Sacra

Imaxe de Niño de Elche, un dos artistas máis transgresores do panorama musical. Sony Music.

Sacra Experience é unha das propostas máis atractivas que xurdiu nos últimos tempos na Ribeira Sacra, contando con instalacións e aloxamentos no Lugar de Pincelo, en Chantada. Trátase dun proxecto sostible de dinamización cultural e turística de carácter multidisciplinar, que propón desde un festival de música a diversos talleres formativos impartidos por destacadas figuras da arte e a cultura nas súas diversas disciplinas. Todo isto, nunha contorna natural incomparable: a ribeira do Miño desde o lugar de Pincelo, preto do emblemático pobo de Belesar e a 5 quilómetros da praia fluvial da Cova. Un espazo de calma e tranquilidade a pé de río, con vistas cheas de serenidade e natureza.

DIVERSIDADE DE PROPOSTAS CULTURAIS, FORMATIVAS E ARTÍSTICAS PARA POÑER EN VALOR A RIBEIRA SACRA
Dentro das súas propostas destacan o Taller de Teatro, impartido pola actriz María Vázquez e o actor e director de teatro Víctor Duplá, do 9 ao 11 de xullo; o Taller de Cinema impartido polo premiado Oliver Laxe do 6 ao 8 de agosto; ademais do Sacra Festival, que durante xullo e agosto ofrecerá concertos na terraza de Pincelo, en Carballolandia, Adegas Via Romana e Adegas Amedo, con figuras tan destacadas como Mercedes Peón, Davide Salvado, Surma ou O Neno de Elxe, unha das figuras máis controvertidas do panorama musical actual.
É de agradecer que aparezan proxectos tan novos e arriscados, e que ademais implican unha ruptura coas tradicionais propostas de lecer da comarca, conxugando con acerto unha contorna natural e rural coa vangarda musical, cultural e artística, e promovendo ademais a formación nestes ámbitos. Un bo exemplo a seguir de iniciativa transformadora que contribúe de forma extraordinaria á posta en valor da Ribeira Sacra. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

17º RIBEIRA SACRA FESTIVAL
DePedro e Ian Key súmanse ao cartel de actuacións da quinta edición

Seguinte Nova

INICIATIVAS: O novelista Manuel Vilas impartirá un Taller de Verán en xullo

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: