900.000 euros da Xunta para impulsar catro novos viveiros de empresa na zona sur

• Estarán situados en Bóveda, Monforte de Lemos, Paradela e O Corgo

Visita do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, ás instalacións que acollerán o viveiro de empresas en Paradela, o pasado 10 de xuño. GPXG

A Xunta aposta por fomentar o emprendemento na zona sur de Lugo coa recente aprobación de case 900.000 euros en axudas para a posta en marcha de catro viveiros de empresas. En concreto, os polígonos industriais de Bóveda, Monforte de Lemos, Paradela e O Corgo contarán con cadanseu espazo destinado a facilitar a instalación de novos negocios, ofrecendo instalacións perfectamente equipadas con novas tecnoloxías.

CARACTERÍSTICAS DO VIVEIRO DE PARADELA
En Paradela, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que o Executivo autonómico destina 240.000 euros para cofinanciar a posta a punto dunha nave que o Concello está a reformar para adicala a este fin. A nave, con dúas plantas, ofrecerá cinco departamentos de entre 173 e 373 metros cadrados, susceptibles de ser empregados de xeito independiente.
Arias salientou que as aportacións da Xunta cubren o 80% do investimento que realizan os municipios para acondicionar estas instalacións. Para O Corgo, a Xunta destinou 240.000 euros, axuda que será de 197.900 euros no caso de Monforte, e de 192.000 euros no de Bóveda.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

TAEKWONDO Neka,subcampión galego de clubs

Seguinte Nova

Renovado o convenio da Xunta co Museo do Ferrocarril de Monforte

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

A %d blogueros les gusta esto: