A DEPUTACIÓN APROBA 100.000 EUROS PARA APOIAR A PROMOCIÓN DO TERRITORIO NA PELÍCULA «LIFE IS LIVE», DO MONFORTINO DANI DE LA TORRE

O presidente da Deputación conversou co director de cine Dani de la Torre e outros membros do equipo de rodaxe do filme «Live is Life». GPDL

• Redacción – MONFORTE. A Deputación de Lugo vén de dar luz verde a unha axuda de 100.000 euros para a película «Live is Life», do director monfortino Dani de la Torre. Segundo explicou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, a comezos de xuño, a aportación farase baixo a fórmula de contrato de patrocinio, para contribuír á promoción dos recursos do territorio. O cineasta monfortino elixiu a Ribeira Sacra como escenario para a rodaxe da súa última película, na que se recollen paisaxes e localizacións situadas nos municipios de Pantón, Sober, Quiroga, O Saviñao e Monforte de Lemos.
García Porto precisou o «dobre obxectivo» deste contrato de patrocinio. Por unha banda, a achega permitirá “seguir colaborando cun sector que crea industria, emprego, e fomenta a nosa cultura e a nosa lingua», ao tempo que «favorecemos a proxección nacional e internacional da Ribeira Sacra e do conxunto da provincia e, tamén, a actividade turística”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación arranxa a estrada desde Fontela ata o desvío de Mourelos no Saviñao

Seguinte Nova

O Concello anunciou un novo paquete de dez proxectos de mellora en vías urbanas e rurais de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss