A Deputación arranxa a estrada desde Fontela ata o desvío de Mourelos no Saviñao

• Os traballos comezaron seis días despois de que o presidente provincial mantivera unha reunión cos veciños por este asunto

Encontro do presidente da Deputación e membros do Goberno provincial con veciños do Saviñao, o pasado 3 de xuño. GPDL

• Redacción- MONFORTE.A Deputación vén de acometer os traballos de acondicionamento da estrada LU-P-5807, que une Fontela co desvío de Mourelos, no municipio de O Saviñao. As obras, que acometeu o organismo provincial con medios propios, supuxeron o arranxo integral desta vía mediante a aplicación de triple rego asfáltico.
Dende a Deputación destacaron que o arranque das obras tivo lugar só seis días despois de que o mandatario provincial mantivera un encontro con veciños do Saviñao en torno a esta cuestión. A estrada comunica as parroquias de Diomondi, Fión e Mourelos, zonas con acceso a viñedos e tamén vinculadas ao Camiño de Inverno. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Renovado o convenio da Xunta co Museo do Ferrocarril de Monforte

Seguinte Nova

A DEPUTACIÓN APROBA 100.000 EUROS PARA APOIAR A PROMOCIÓN DO TERRITORIO NA PELÍCULA «LIFE IS LIVE», DO MONFORTINO DANI DE LA TORRE

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: