A rede Mercaproximidade reforzou o potencial de comercialización dos viños galegos de calidade

O conselleiro do Medio Rural, José González, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, no acto de presentación do informe “El mercado español de vinos gallegos: alimentación y hostelería”. GPXG

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou que a entrada dos viños galegos con denominación de orixe na canle da alimentación ao abeiro da rede Mercaproximidade, debido ao peche da hostalaría pola pandemia da covid-19, reforzou o seu potencial de comercialización. Así o afirmou no acto de presentación do informe “El mercado español de vinos gallegos: alimentación y hostelería”, elaborado por Nielsen, con datos que falan dun aumento en máis dun 20% no consumo de viños das DOP galegas nesta canle, con vendas crecendo en case todos os territorios do Estado.
Pola súa banda, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, destacou que os prezos se incrementaron na canle da alimentación e na da hostalería. Neste senso, González lembrou que a rede Mercaproximidade tamén foi clave na promoción destes produtos dentro da canle da alimentación. O conselleiro amosou a súa confianza en que, unha vez se recupere a canle horeca, aumente o volume de facturación dos viños galegos de calidade e se reforce a súa presenza nos fogares de España. José González puxo en valor as medidas do Goberno galego, como o préstamo vendima, habilitado para que as adegas puidesen mercar toda a colleita en condicións normais de mercado. Ademais, valorou positivamente a campaña do 2020, xa que malia a situación sanitaria recolléronse máis de 60 millóns de quilos de uva. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezaron as obras de sinalización das Rutas do Viño da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O Lemos di adeus á Terceira, mentres a Sarriana, aínda con opcións, cesa ao seu adestrador

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: