Desde o 14 de xuño está aberto o prazo para que as empresas e autónomos afectados pola crise sanitaria opten ás axudas do terceiro Plan de Rescate da Xunta, dotado con máis de 234 millóns de euros. O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que este importe supón apenas o 3,3% do total dos 7.000 millóns que se reparten en toda España. Feijóo incidiu en que “unha vez máis, acreditamos a discriminación negativa que está sufrindo Galicia practicamente en todos os fondos que se transfiren do Goberno central ás comunidades para facer fronte aos problemas da covid”. O mandatario autonómico salientou que a Xunta decidiu estender as axudas a todas as actividades económicas que poidan acreditar unha caída de ingresos dun 40% ou máis.Os beneficiarios poderán anticipar o 100% do importe se así o desexan.
Este orzamento está dividido en tres programas: 150 millóns de euros para autónomos e profesionais que tributen por módulos, cunha única axuda de 3.000 euros. Haberá 50 millóns para autónomos con ata 10 traballadores e empresas de ata 25 traballadores, cun volume de facturación de menos de 2 millóns; o importe da axuda irá desde 6.000 ata 11.000 euros. Por último, haberá 34 millóns para autónomos e empresas con máis de 10 traballadores e facturación superior a 2 millóns, así como para empresas de máis de 25 traballadores, con achegas que irán dos 10.000 euros ata os 30.000 euros.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse