ADIF licita melloras no tramo Lugo-Monforte-Ourense por máis de 3 millóns de euros

Imaxe dun tramo da liña ferroviaria Monforte-Ourense. GPSGL.

• Redacción- MONFORTE. ADIF vén de sacar a licitación algunhas das obras iniciadas no principio do ano para o tramo Lugo-Monforte-Ourense. Dous serán os proxectos iniciais a levar cabo neste traxecto. Por unha banda, levará a cabo a instalación do telemando de enerxía da liña Ourense-Monforte-Lugo, e por outro, realizará obras de adecuación de pontes e explanacións no tramo Ourense-Monforte.

NOVO SISTEMA DE TELEMANDO
O sistema de telemando ten como finalidade o telecontrol e supervisión do sistema de catenaria e do sistema de distribución de enerxía en media e baixa tensión, así como a supervisión e xestión de eventuais incidencias de todos os sistemas baixo o seu control. Nunha primeira fase, este telemando de enerxía controlará e xestionará, en tempo real e desde un centro de control, distintos sistemas do tramo Monforte-Lugo, como son un centro de autotransformación final e un centro de autotransformación intermedio, unha subestación de tracción (Oural), seccionadores da liña aérea de contacto (catenaria), e a subministración de enerxía a edificios técnicos, a calefactores de agullas e a outros sistemas.
Nunha segunda fase, controlará os distintos sistemas do tramo Ourense-Monforte, como son un centro de autotransformación final e un intermedio, e os centros de transformación-centro elevador de Canabal e de Os Peares. Este contrato sae a concurso por 2.010.928,35 euros.
ADECUACIÓN DE
PONTES
Adif licitou un contrato para o tratamento de elementos da infraestrutura (pontes e explanacionós), situados en aproximadamente 9 quilómetros do tramo Ourense-Monforte, por importe de 990.562,65 euros.
Os elementos para tratar, incluíndo oito pontes, están situados entre os puntos quilométricos 000/000 e 009/059 da liña Monforte-Vigo. O obxectivo é adaptar os elementos da infraestrutura ás novas condicións de explotación.

MELLORAS NO TRAXECTO OURENSE-MONFORTE-LUGO
As actuacións teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello anunciou un novo paquete de dez proxectos de mellora en vías urbanas e rurais de Monforte

Seguinte Nova

O 30 de xuño remata o prazo do VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss