Ata o 23 de xuño para anotarse na presentación do proxecto «Nosoutras» en Sober

O vindeiro sábado 26 de xuño está prevista a presentación en Sober do proxecto Nosoutras, que busca homenaxear ás mulleres do rural galego e visibilizar as condutas machistas que xerminan neste entorno.

FINANCIADA POLA SECRETARÍA DE ESTADO DE IGUALDADE
Segundo explicaron dende o Concello de Sober, a actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade dentro do marco do Pacto de Estado pola Violencia de Xénero, e organizada dende os Servizos Sociais do Concello de Sober coa colaboración e contratación da educadora social Selene Arias Sáez.

TESTEMUÑAS
O proxecto recollerá a testemuña de media ducia de mulleres que van narrar, con humildade e sinceridade, a súa historia de vida e como lles ten influído o feito de ser mulleres. O resultado presentarase primeiro en formato papel e, nun segundo momento, a través dunha peza audiovisual.

RESERVAR POR TELÉFONO ANTES DO 23 DE XUÑO
O acto terá lugar o sábado 26 de xuño ás 19:00 horas no Salón de Actos de Sober. Debido ás limitacións pola pandemia, as persoas interesadas en asistir á presentación deberán reservar praza antes do 23 de xuño, chamando aos teléfonos 982 460 513 ou 628 055 236, de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas.
Dende o Concello de Sobrer explicaron que, no caso de que o número de solicitudes sobrepase o aforo permitido, poderase programar unha nova sesión, que se anunciará con tempo suficiente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha ata finais de xuño a campaña «Días Azuis» para dinamizar o comercio galego

Seguinte Nova

Finca Míllara presenta o seu espazo gourmet e o relanzamento en distintos mercados

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

A %d blogueros les gusta esto: