
Dende o 7 ata o 30 de xuño, está en marcha a campaña «Días Azuis», para estimular as vendas no comercio de proximidade en Galicia. A iniciativa, organizada pola Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e Abanca, está incluída no paquete de accións específicas de apoio ao sector que ten en marcha o Executivo galego, xunto a outras como o Bono Activa Comercio.
TARXETAS PREPAGO DE 150 E 250 EUROS
Dentro da campaña «Días Azuis», os consumidores que merquen no comercio de proximidade galego poderán participar no sorteo de 64 tarxetas prepago de 150 e 250 euros, coas que poder comprar de balde nestes mesmos establecementos.
REXISTRO DOS TÍCKETS NA WEB DA CAMPAÑA
Para participar no sorteo dos «Días Azuis», os clientes dos comercios que realicen as súas compras dentro das datas da campaña deberán rexistrar o seu tícket na web www.diasazuis.com, ou solicitar que faga o rexistro telemático o comerciante que os atendeu.
DATA DO SORTEO E PRAZO DUN ANO PARA GASTAR OS EUROS DOS PREMIOS
O sorteo do que saldrán os gañadores das tarxetas prepago dos «Días Azuis» terá lugar o vindeiro 5 de xullo. Segundo as bases da convocatoria, as persoas que resulten beneficiadas con estas tarxetas terán de prazo ata finais de xuño de 2022 para formalizar as compras correspondentes a estes importes nos establecementos tradicionais galegos.•