• Redacción- MONFORTE.
A Asociación Semente Ribeira Sacra ten aberto ata 30 de xuño o prazo de presentación de ideas para o VII Concurso de Proxectos Empresariais. A inscrición é de balde e poderá formalizarse a través da web sementeribeirasacra.org.
Segundo informaron dende este colectivo, a mediados de xuño estaban rexistradas unha quincena de ideas, procedentes sobre todo de Galicia, aínda que tamén hai presenza de proxectos doutros puntos da Península, como Granada.
Nesta edición, a organización decidiu ampliar a contía dos premios: o primeiro será de 12.000 euros, o segundo de 8.000 euros, e o terceiro de 5.000. Búscanse proxectos innovadores para impulsar o medio rural e poñer en valor os seus recursos, con preferencia para os vinculados coa Ribeira Sacra. •
Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, acompañado por Iñaki Castiñeira, presidente da Asociación de Empresarios
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra a súa décima edición, promovendo iniciativas innovadoras
A AIE Ribeira Sacra Next, fundada hai un ano, está a expandir a súa rede de
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) congregou en Monforte de Lemos a preto de medio