O Concello anunciou un novo paquete de dez proxectos de mellora en vías urbanas e rurais de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, no acto de presentación dos 10 novos proxectos de mellora de rúas, vías e camiños. GPCM.

• Redacción- MONFORTE. O Concello de Monforte deu a coñecer un novo paquete de obras para mellorar unha decena de rúas, vías e camiños de titularidade municipal, tanto do eido urbano como rural, cun orzamento conxunto de 457.653,31 euros. No ámbito urbano, intervirase na zona de vivendas do Val de Lemos, na vía principal de Rioseco, na parte baixa da rúa Corredoira e na rúa Concepción Arenal. Nestes dous casos, as obras suporán a renovación de todas as rúas tanto do barrio do Hospital como do da Estación. No ámbito rural, as obras desenvolveranse nos camiños entre Morade Grande e A Pena, na estrada entre Gándaras (Vilamarín) e Morade Grande, na vía situada entre Vilamarín e a estrada de Rozavales, no camiño As Fontes-Reigada, en diversas vías de Ribasaltas, e en todas as vías principais da parroquia de Distriz. Tamén se vai actuar na parroquia de Piñeira, nos camiños municipais de A Barxela, O Carballo e a zona de As Bodegas. O alcalde anunciou que “en próximas datas, iremos dando a coñecer outros proxectos importantes para seguir mellorando a nosa cidade e tamén o conxunto do Concello” •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A DEPUTACIÓN APROBA 100.000 EUROS PARA APOIAR A PROMOCIÓN DO TERRITORIO NA PELÍCULA «LIFE IS LIVE», DO MONFORTINO DANI DE LA TORRE

Seguinte Nova

ADIF licita melloras no tramo Lugo-Monforte-Ourense por máis de 3 millóns de euros

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: