O Incio mellora a pavimentación de acceso a Santalla de Bardaos

Imaxe das obras de pavimentación do acceso a Santalla de Bardaos. GPCI

• Redacción- MONFORTE. O Concello do Incio está a levar a cabo traballos de mellora no acceso a Santalla de Bardaos. As obras consisten na extensión e compactación de mestura asfáltica nun tramo de 465 metros e na limpeza de cunetas.
As actuacións forman parte do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2020-21 do Concello do Incio. O proxecto de Santalla de Bardaos ten un investimento total de 19.000 euros. O Plan para O Incio inclúe tamén o mantemento e mellora de camiños en As Cortiñas e Romariz con 56.902,67 euros, dos que 47.027,00 euros son achegados polo Agader, e o resto dos fondos proceden do propio Concello. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O 30 de xuño remata o prazo do VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Quiroga rescata a Feira do Viño en xullo, con menos actividades e máis adegueiros

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss