O programa europeo Leader deixou en Sober máis de 450.000 euros en 24 proxectos nos últimos seis anos

•Adegas, espazos de servizos públicos e locais de atención á infancia foron algúns dos proxectos beneficiados por estas achegas

Visita institucional a Sober da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañados do alcalde, Luis Fernández Guitián. GPCS

A Xunta deu a coñecer o balance de investimentos que a medida Leader de Desenvolvemento Rural fixo en Sober durante o periodo 2014-2020. Con este fin, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, achegouse ao municipio soberino para coñecer de cerca o resultado dalgúns dos 24 proxectos que viron a luz nos últimos seis anos grazas ao apoio destes fondos.
En total, o programa Leader achegou axudas por valor global de 450.000 euros, e supuxo un investimento total de un millón de euros neste periodo. A achega foi xestionada a través do GDR Ribeira Sacra-Courel.
Un dos proxectos que saiu adiante con esta financiación foi o edificio de usos múltiples para as emerxencias municipais, que contou cunha aportación de case 21.500 euros.
Santé, acompañada polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, achegouse tamén ao centro de xogo infantil A Mariola, que dispuxo dunha achega de case 26.000 euros do Leader para o acondicionamento do local, propiedade do Concello, destinado a zona de ocio para os máis cativos.
A axenda de Inés Santé en Sober completouse coa visita á adega Proencia, adherida á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que construiu unha sala de catas grazas a unha achega do Leader por importe de preto de 25.000 euros.
A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural gabou o papel do Concello no impulso deste tipo de proxectos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga rescata a Feira do Viño en xullo, con menos actividades e máis adegueiros

Seguinte Nova

As bibliotecas de Sober contan xa co libro «Heroes de primavera», unha homenaxe aos nenos como heroes da pandemia

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

A %d blogueros les gusta esto: