O voleibol feminino de Monforte nutre ás Seleccións Galegas que disputarán os campionatos de España

O voley monfortino segue pegando forte, e o traballo de canteira do Ribeira Sacra e do Club Korbis sempre se deixa ver por estas datas, coas convocatorias para as seleccións galegas infantil e cadete que disputarán os Campionatos de España. Nesta ocasión, foron convocadas ata nove xogadoras destes clubs.
A selección galega infantil convocou a Jessica Goyanes e Jessica Pérez, do Club Korbis, e a Mencía Suárez e Saray González, do Ribeira Sacra. Na categoría cadete, as convocadas foron Carla Hernández, Chloe López, Xiana Muñoz e Lucía Rodríguez, do Club Korbis, e Ángela Bussieres do Ribeira Sacra. Todas elas poñeranse ás ordes dos seleccionadores galegos durante os días 2,3 e 4 de xullo en Quiroga, onde prepararán o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA 21) que se celebrará do 15 ao 18 de xullo en Valladolid.
Algunhas destas xogadoras xa son asiduas a concentracións, tanto coa Federación Galega como coa Federación Española, como é o caso de Carla Hernández, Mencía Suárez ou Saray González, auténticas promesas do voleibol galego. Un gran colofón para unha exitosa tempada do volei da comarca de Lemos. Noraboa. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Lemos di adeus á Terceira, mentres a Sarriana, aínda con opcións, cesa ao seu adestrador

Seguinte Nova

TAEKWONDO Neka,subcampión galego de clubs

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss