O Club Neka participou nos Campionatos Galegos de técnica con notable éxito, acadando o subcampeonato galego por clubes.
A nivel individual, cabe destacar as medallas de ouro obtidas por Aya Jabni en categoría alevín, Dani Areán e Laura Álvarez en xuvenís, e outra para o trío xuvenil formado por Dani Areán, Marco García e David Poyán.
Obtiveron medallas de prata Aitor Teijeiro en cadete, Marco García en xuvenil e os tríos alevín formados por Aya Jabni, Inés Casa e Alba Díaz, e en cadete por Lucía Roca, Leyre Rodríguez e Saray do Río.
Un meritorio terceiro posto con bronce conseguiron Inés Casal e Alicia Castro en categoría alevín, Alan David Bustamante en infantil, Lucía Roca en cadetes e Karla Novo en xuvenil. •