200.000 euros provinciais para apoiar a actividade cultural das asociacións lucenses

•As achegas convocadas pola Área de Cultura da Deputación tamén financian melloras nos locais sociais das asociacións

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo e responsable da Área de Cultura, na presentación das axudas culturais ao tecido asociativo deste ano. GPVDL

Ata mediados de xullo, estivo aberto o prazo para solicitar as axudas que a Área de Cultura da Deputación, comandada pola nacionalista Maite Ferreiro, convocou para apoiar ao tecido asociativo da provincia no seu labor cultural.

ACHEGAR A CULTURA A TODO O TERRITORIO E DAR PULO AOS SECTORES ECONÓMICOS CULTURAIS
Segundo explicaron os responsables provinciais, as subvencións tratan de facilitar o acceso á actividade cultural en todo o territorio, ao tempo que se dinamizan os sectores económicos vinculados á creación e á produción cultural.
DÚAS LIÑAS DE AXUDAS, PARA ACTIVIDADES E PARA EQUIPAMENTO OU ESPAZOS
A dotación da convocatoria, que acada os 200.000 euros, está distribuída en dúas liñas de axudas. Por unha banda, ofrece subvencións para a realización de actividades de interese cultural. Por outra, financia investimentos en equipamento ou melloras nos locais sociais das asociacións lucenses.
O reparto das achegas suporá unha aportación de entre 300 e 3.000 euros, en función dos baremos establecidos nas bases da convocatoria.

PRIORIDADE PARA ASOCIACIÓNS VETERÁS NO EIDO CULTURAL, E PARA AS DE CONCELLOS PEQUENOS
Os criterios priorizan as iniciativas das asociacións que teñan unha traxectoria máis ampla no traballo de dinamización cultural, e tamén as propostas que estean vinculadas a concellos de menos de 2.000 habitantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O polígono industrial de Chantada, entre os oito da provincia con novas axudas concedidas

Seguinte Nova

O programa itinerante Propulsa Patrimonio fixo parada en Chantada e Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: